To be a Chêf

Merca co Chêf na Praza de Abastos de Santiago de Compostela. Da man dun profesional, aprenderás a escoller o mellor produto local e de tempada, así como a mesturalo e traballar con el. O resultado: un xantar moi tradicional pero coa técnica máis contemporánea, e acompañado dunha gran selección de viños da terra. Unha experiencia para vivir de preto o traballo que envolve un prato, dende a selección dos ingredientes ata a súa degustación final. E se observar non é suficiente, arremángate e cociña* co Chêf!
- paseo co Chêf polo Mercado
- Escolla e Compra de produto
- xantar Local e de Tempada
- para Ti e os Teus
- de 4 a 12 persoas
- 11:00 – 13:30h (*arremangarse e Cociñar! 10:00 – 14:00h)