o noso style

Dedicámonos a dar experiencias únicas aos nosos clientes coas excelencias da nosa terra

Somos Cristina García e Paula Fraga, as cabezas pensantes detrás de Grapes & Clams.  Galegas ata a medula non hai nada que adoremos máis que este rincón verde e atlántico. Ben, quizais a comida e o viño!  Por iso, combinamos dúas das nosas paixóns para levarvos a unha viaxe a través dos sentidos  pola enogastronomía galega a todo aquel disposto a embarcarse con nós. Coñece ás mariscadoras e aos produtores vinícolas. Viaxa pola historia entre raíces Celtas, murallas romanas, catedrais do Medievo e paisaxes únicas, mentres degustas os produtos locais máis exquisitos.

Porque a enogastronomía en Galicia vai máis alá que tan só comer e beber, é o xeito no que vivimos e amamos. As experiencias Grapes & Clams están coidadosamente deseñadas para somerxerte na autenticidade das nosas xentes e facerte sentir parte da nosa comunidade. A paixón por aquelo que facemos e poder amosalo é o noso fin e o respecto polos anfitrións e o territorio, é o valor principal que nos move. 

Benvidos ao estilo Grapes & Clams!

Cristina García

Cristina García naceu un domingo de verán en Tella, Ponteceso (A Coruña) co único desexo viaxar. Diplomada en Turismo pola UDC, Máster en Servizos Culturais pola USC e Guía Oficial de Turismo de Galicia, paseou a súa curiosidade por varios continentes á procura dun contacto auténtico e enriquecedor coa poboación local. Xa no eido profesional, verteu toda a experiencia acumulada no desenvolvemento de ducias de proxectos como consultora técnica ao máis alto nivel. Curiosa, inconformista e aventureira, é o cerebro analítico tras G&C.

Paula Fraga

Paula Fraga naceu un venres de outono en Godos, Caldas de Reis (Pontevedra) coa única intención de contar. Diplomada en Turismo pola UDC, Máster en Servizos Culturais pola USC e Guía Oficial de Turismo de Galicia, pasa a vida lendo á procura da cerna de todo aquelo que hoxe nos dá forma. A súa vocación por entreter deixando un pouso de reflexión levouna á historia da enogastronomía para dedicarse de xeito profesional ao mundo dos saberes e dos sabores. Idealista, creativa e calma, é a lingua falangueira tras G&C.

Este sitio web utiliza cookies para que teñas a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando estás dando o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e aa aceptación da nosa política de cookies, pincha na ligazón para máior información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies