Abastos Gourmet

Embárcate nunha incrible viaxe a través da historia e os sentidos. Descubre os segredos da gastronomía Medieval que deron forma á cidade de Santiago de Compostela. Vive a súa Praza de Abastos cunha guía local. Aprende a abrir ostras, degusta os mellores mariscos e goza dun xantar exquisito do mellor produto local e de tempada. A experiencia máis completa para toda aquela persoa que desexe somerxerse de cheo na gastronomía galega. E de sobremesa, doces conventuais acompañados dun licor galego nun xardín con vistas infinitas.
- Paseo enogastronómico Medieval
- visita guiada á Praza de Abastos
- Degustación de Queixos galegos
- Ostras + aperitivo de Mariscos
- xantar Local e de Tempada
- 10:00 – 13:30h