Suxerencias que fan a boca auga
Hoxe voltamos ler un artigo do xornal inglés The Guardian. Foi no 2018 cando se declarou “enganchado a Galicia” e así seguimos nós. Emocionadas!
Faite Galega por un intre!
Escoita o bruar da buguina, os besbellos das sereas e as ondas, os naufraxios contra os cantís e o namorar das mariscadoras contra a marea.
Sinte a terra baixo os pés, a verde frescura trala choiva, a herba, as árbores, o bosque e o rumiar agarimoso dunha vaca Rubia Galega.
Ule as vides e os bagos, os viñedos colgantes en bancais históricos, as varietais autóctonas e os aromas primitivos das adegas centenarias.Saborea as cores e a variedade, o produto máis puro sen filtros, os reclamos das vendedoras e a tradición das Prazas de Abastos.
Crea vida, olaría, encaixe, cestaría, xioaría, cantaría, crea arte, historia, sabiduría e artesanía.
Vive con nós e coma nós, ri, emociónate e faite Galega por un intre para que nunca deixes de Escoitar, Sentir, Ulir, Saborear, Crear e ViVir!